
Aquí estamos de novo para seguir descubrindo
as raíces da nosa cidade. Desta vez iremos aínda moito máis atrás no tempo.
Atentos, que... arrancamos!

Este mércores imos visitar unha
pequena parte dun gran castro que hai uns 2000 anos ocupaba a totalidade do
monte do Castro. O luns anterior á saída veremos algúns documentos gráficos que
nos servirán para achegarnos un pouquiño ós nosos antepasados e comezar a
descubrir como vivían.
O
xoves 26 dedicaremos a clase a traballar en grupo. Faredes un pequeno traballo
no que teredes que dar resposta a estas preguntas:
1.- Entre que
séculos estivo habitado o castro que visitamos?
2.- De que
vivían os seus habitantes?
3.- Por que é
tan importante conservar os restos arqueolóxicos?
4.- Que
é un oppida?
5.- Que
avances tecnolóxicos trouxeron os romanos?
6.- Describide que foi o que máis vos chamou a atención
da visita.
7.- Na portada do traballo faredes un pequeno debuxo
dunha das vivendas do castro.
P.D.: O traballo ten que facerse na clase. De
casa só poderedes traer información no caso de que queirades ampliar o
traballo.
4 comentarios:
Ola Amaya, que ganas de empezar o traballo e descubrir os secretos dos castros e do seu pasado. Un saludo.
PD:SON RUTH✌✌��
Esa é a actitude, Ruth! 👏👏👏😉
Hola Amaua son Aarón que ganas de ir a excursión e coñecer a vida dos nosos antepasados
Ola, Aarón. Que ben que esteas así de entusiasmado! :)
Publicar un comentario