lunes, 30 de septiembre de 2019

VÍDEO ENVIADO POR AARÓN (LINGUA 6.º)

Boas!Aarón envía o opening de Shin Chan en galego.
Graciñas, Aarón!

domingo, 29 de septiembre de 2019

A TERRA E A LÚA

A TERRA

Bo día, rapaces.Velaquí tedes un vídeo que vai axudarvos a entender mellor cales son as partes da Terra.


Sabiades que a atmosfera ten varias capas? Visionade con atención o seguinte vídeo para poder facer a actividade que vos propoño a continuación.



Está moi ben explicado, verdade? 
Ben, vamos entón debuxar un pouquiño. A actividade consiste no seguinte:

1.º Collede un folio.
2.º Debuxade e escribide:
  • o nome das diferentes capas da atmosfera (non esquezades que tedes que facelo en galego).
  • os quilómetros que ten cada capa, é dicir, ata onde chega.
3.º Representade cun debuxo o que se produce ou ten lugar en cada capa.
4.º Dádelle cor e decorade como máis vos guste.

O martes dígovos cando tedes que entregar o debuxo da atmosfera.

 A LÚA


Esta belísima dama que vedes é a Lúa. Bela e un pouquiño misteriosa, verdade?
Xa sabedes que é o único satélite da Terra, que non ten atmosfera nin hidrosfera e que a súa superficie está chea de cráteres causados polo impacto dos meteoritos. 
Hai uns cantos anos que o home foi quen de chegar ata ela e mesmo de camiñar pola súa superficie. Recordades o ano no que tal fazaña tivo lugar? Quen foi o afortunado que a pisou por primeira vez? E sabedes o que dixo? Que credes que significaba aquela frase? 

Repasemos o que xa sabemos:







E agora imos ver se sodes quen de pescudar e contestar a seguinte pregunta:

Por que se orixinan as mareas? Que son a preamar e a baixamar?

Para rematar velaquí tedes unha pequena explicación do que son os eclipses e por que se producen.

sábado, 28 de septiembre de 2019

STEVEN UNIVERSE EN GALEGO

Ola, rapaces! Mirade que cousiña máis bonitiña vos traio!. Coñecedes estes debuxos animados?
Todos a cantar!Non vos oio! 
Espero que vos guste. 
Desfrutade do sábado. 

VIÑETA ENVIADA POR HUGO F.

Buenos días, niños. Hugo F. quiere compartir con vosotros una viñeta del profesor don Pardino que nos viene como anillo al dedo
Por cierto, ¿quién sabe lo que significa esta expresión?

Mil gracias, Hugo F. 

jueves, 26 de septiembre de 2019

VÍDEOS ENVIADOS POR ALUMNOS


Ola a todos.Déixovos uns vídeos moi, moi interesantes enviados por varios alumnos do ano pasado. Ides mesmo descubrir cal é a orixe do nome dos días da semana.


Para ver os vídeos do SISTEMA SOLAR premede aquíaquíaquí e aquí.
      
Para ver o vídeo sobre as CURIOSIDADES DA LÚA premede aquí.

DIPTONGOS E HIATOS

Hola a todos. Los próximos días repasaremos los diptongos y los hiatos. Os dejo aquí un pequeña explicación.

  Antes de nada recordamos que podemos clasificar las vocales en: 

  • abiertas (o fuertes), que requieren una mayor apertura de la boca para pronunciarlas y,
  • cerradas (o débiles), que requieren una menor apertura de la boca para pronunciarlas.


Imagen: http://divierteteleyendoconpiedad.blogspot.com/2017/06/los-senores-diptongo-triptongo-e-hiato.html


Según se combinen las vocales en las sílabas y dónde esté la vocal tónica se puede producir un dipotongo o un hiato. Veamos el siguiente cuadro:

Imagen: https://elultimosalto.jimdo.com/2016/12/08/diptongo-triptongo-hiato/


 ¡Ojo!

Imagen: https://elultimosalto.jimdo.com/2016/12/08/diptongo-triptongo-hiato/

Y ahora... ¡a jugar! 

Clica en la imagen

Clica en la imagen

Clica en la imagen
Y para los más trabajadores... 

Clica en la imagen


Clica en la imagen



                   

O UNIVERSO

Ola de novo a todos .
Conteivos xa a primeira vez que vin a Lúa co meu telescopio dende o balcón da miña casa? Foi unha experiencia inesquecíbel!

Velaquí tedes unhas ligazóns moi interesantes e divertidas coas que poderedes repasar un pouquiño, descubrir moitas cousas que non sabiades e... xogar demostrando todo o que xa sabedes. A desfrutar!

Preme na imaxe.

Preme na imaxe.

Preme na imaxe.

Preme na imaxe.


E agora, imos facer unha probiña... ()
A ver quen sabe dicirme cal foi o primeiro pobo que utilizou o calendario e que descubriu que o ano tiña 365 días? 3, 2, 1... tempo!


martes, 24 de septiembre de 2019

OS SUBSTANTIVOS (Lingua 6.º - Repaso)

Ola a todos. O ano pasado estudamos a fondo os substantivos. Tedes aquí un pequeno cadro para repasar.

Imaxe: http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html

Para practicar é por aquí . Que tal foi? Espero que obtiverades as máximas puntuacións!
(Nos dous primeiros exercicios desa ligazón podedes facer tamén exercicios das palabras primitivas e derivadas).


O ALALÁ (Lingua 6.º)

Ola, rapaces . Estes días estamos a descubrir un dos cantos máis antigos do noso folclore, os alalás.
Déixovos unha versión belísima interpretada por Uxía. Ide practicando...



Teño unha casiña branca
na mariña entre loureiros,
teño amores, teño barcas
e estou vivindo no ceo.

Aialalelo, ailalalo...

E adiós á miña casiña
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro.

Aialalelo, ailalalo...

E así eu sigo cantando
o alalá da miña ialma.

lunes, 23 de septiembre de 2019

LA COMUNICACIÓN

Hola, chicos. Mirad, este es Marcos. Marcos adora a su abuela. La llama todas las tardes para contarle qué tal le ha ido el día en el colegio.
Pensemos un poquito...
En este acto de comunicación entre Marcos y su abuela:
¿quién es el emisor? (Es decir, ¿quién emite —dice— el mensaje?)
¿Quién es el receptor? (Es decir, ¿quién recibe el mensaje?)
¿Cuál es el mensaje? 

¿Habéis sido capaces de responder a las preguntas? Veamos un vídeo para aclarar conceptos.



Estoy segura de que ya lo tenéis claro.

A ver quién se atreve ahora con las... ¡SUPERPREGUNTAS! 

Fijaos en esta otra imagen:



¿Créeis que hay comunicación entre estos niños? ¿Por qué?

¿Pensáis que una persona sorda puede comunicarse? ¿Cómo? ¿Qué requisito sería necesario para que esa comunicación pudiese tener lugar?

Y este policía, ¿se está comunicando?


Quizás este esquema os ayude a responder...


Fuente: https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/que-es-el-lenguaje-verbal-y-no-verbal-con-ejemplos-2779.html  

Esta semana charlaremos sobre todo esto en clase .