Mostrando entradas con la etiqueta Vitaminándonos.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vitaminándonos.... Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de enero de 2020

O ARROLO

Ola a todos. Xa que falaremos dos arrolos, aproveito para compartir convosco este canto de berce cheo de tenrura e delicadeza. Podedes atopalo nun libro-disco fermosísimo titulado Non hai berce coma o colo, que recolle cantos de berce tradicionais do patrimonio oral e musical galego.

A ver quen é quen de responder esta preguntiña: que pensades que significa o título do libro?



Desfrutade:

Preme na imaxe

domingo, 24 de noviembre de 2019

PARA REFLEXIONAR...

«Aquel que obtiene una victoria sobre otro hombre es fuerte, pero quien obtiene una victoria sobre sí mismo es poderoso». Lao-Tse



sábado, 5 de octubre de 2019

CLAIR DE LUNE

Ola, rapaces. Nada mellor que comezar o día con algo de beleza, non si?
Desfrutade...
(A música é unha peza marabillosa composta por Claude Debussy chamada Clair de lune.)

                     

Tarda un pouquiño en empezar, sede pacientes.
Se queredes ver a Lúa desde moi pretiño premede no botón que vos indico; é fantástico!




jueves, 3 de octubre de 2019

LES POINGS SUR LES ILES

Un agasallo para os sentidos...
(E vós, que momentos compartides cos vosos avós?)

Preme na imaxe

sábado, 28 de septiembre de 2019

STEVEN UNIVERSE EN GALEGO

Ola, rapaces! Mirade que cousiña máis bonitiña vos traio!. Coñecedes estes debuxos animados?
Todos a cantar!Non vos oio! 
Espero que vos guste. 
Desfrutade do sábado. 

sábado, 14 de septiembre de 2019

PRESENTACIÓN

Vitamina A, vitamina C, vitamina D, vitamina K... cada unha delas ten unha función importante no noso corpo: axúdannos a crecer, a ver ben, a reforzar as nosas defensas para non caer enfermos, etc. Todas elas alimentan o noso corpo.
Pero, sabiades que hai outra clase de vitaminas que poden alimentar o noso espírito? De seguro que estades a pensar «pero esta profe nosa, que está a contarnos?». Pois si. Hai outra clase de vitaminas que nos alimentan por dentro, que nos enriquecen, que nos fan agasallos marabillosos coma por exemplo, vivir unha aventura nun tempo afastado, desfrutar un momento de quietude, gozar cunha ilustración de cores tan bonitas que nos faga sorrir e incluso poden inspirarnos para escribir un conto ou facer un debuxo. Estas vitaminas teñen diferentes formas. Ás veces veñen empaquetadas coma libros, outras teñen forma de poesía, de canción, ou mesmo de ilustración. Pois ben, todo isto é o que ides atopar nesta páxina do blog; unha fabulosa mestura de todo un pouco que espero vos permita soñar cos ollos abertos.