Vitamina A, vitamina C, vitamina D, vitamina K... cada unha delas ten unha función importante no noso corpo: axúdannos a crecer, a ver ben, a reforzar as nosas defensas para non caer enfermos, etc. Todas elas alimentan o noso corpo.
Pero, sabiades que hai outra clase de vitaminas que poden alimentar o noso espírito? De seguro que estades a pensar «pero esta profe nosa, que está a contarnos?
». Pois si. Hai outra clase de vitaminas que nos alimentan por dentro, que nos enriquecen, que nos fan agasallos marabillosos coma por exemplo, vivir unha aventura nun tempo afastado, desfrutar un momento de quietude, gozar cunha ilustración de cores tan bonitas que nos faga sorrir e incluso poden inspirarnos para escribir un conto ou facer un debuxo. Estas vitaminas teñen diferentes formas. Ás veces veñen empaquetadas coma libros, outras teñen forma de poesía, de canción, ou mesmo de ilustración. Pois ben, todo isto é o que ides atopar nesta páxina do blog; unha fabulosa mestura de todo un pouco que espero vos permita soñar cos ollos abertos.
2 comentarios:
hola Amaya, somos Carla y Alba hicimos el juego de clasifica las palabras agudas, llanas y esdrújulas esta muy chulo. las clasificamos todas bien.
Hola, niñas. Me alegro de que os guste. ¡Bravo por vuestros resultados! :)
Publicar un comentario