viernes, 20 de septiembre de 2019

PROXECTO: PESCUNDANDO SOBRE O NOSO PASADO... FASE I (6.º E.P.)

FASE I  


Boas, rapaces!

Aquí estamos de novo para seguir descubrindo as raíces da nosa cidade. Desta vez iremos aínda moito máis atrás no tempo. Atentos, que... arrancamos!


Este mércores imos visitar unha pequena parte dun gran castro que hai uns 2000 anos ocupaba a totalidade do monte do Castro. O luns anterior á saída veremos algúns documentos gráficos que nos servirán para achegarnos un pouquiño ós nosos antepasados e comezar a descubrir como vivían.

O xoves 26 dedicaremos a clase a traballar en grupo. Faredes un pequeno traballo no que teredes que dar resposta a estas preguntas:

1.- Entre que séculos estivo habitado o castro que visitamos?
2.- De que vivían os seus habitantes?
3.- Por que é tan importante conservar os restos arqueolóxicos?
4.- Que é un oppida?
5.- Que avances tecnolóxicos trouxeron os romanos?
6.- Describide que foi o que máis vos chamou a atención da visita.
7.- Na portada do traballo faredes un pequeno debuxo dunha das vivendas do castro.


E ben atentiños durante a visita porque de seguro que haberá algunha pregunta máis que contestar.

Imos aló!

P.D.: O traballo ten que facerse na clase. De casa só poderedes traer información no caso de que queirades ampliar o traballo. 

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Amaya, que ganas de empezar o traballo e descubrir os secretos dos castros e do seu pasado. Un saludo.
PD:SON RUTH✌✌��

Amaya dijo...

Esa é a actitude, Ruth! 👏👏👏😉

Anónimo dijo...

Hola Amaua son Aarón que ganas de ir a excursión e coñecer a vida dos nosos antepasados

Amaya dijo...

Ola, Aarón. Que ben que esteas así de entusiasmado! :)

Publicar un comentario