jueves, 27 de febrero de 2020

PESCUDANDO SOBRE A POBOACIÓN DE VIGO - SOCIAIS 5.º


Boas. Xa que estamos estudando a poboación de Galicia, imos ver se sodes quen de responder a unhas cantas preguntiñas sobre o noso concello... 

1.- Cantos habitantes ten o concello de Vigo? Cantos homes e cantas mulleres ten?
2.- Cantos nacementos se produciron no ano 2018? E cantas mortes? Como foi o crecemento natural? Negativo ou positivo?
3.- Como é a poboación do concello de Vigo no ano 2018? Moza ou vella?
4.- Unha curiosidade... No teu concello, canta xente se chama igual ca ti?

Atoparedes a información que precisades na páxina do Instituto Galego de Estatística.

Velaquí o camiño a seguir:

Páxina do Instituto Galego de Estatística => Portal Educativo (á dereita da páxina) => O teu entorno (arriba á esquerda da páxina).

Aí atoparedes, na parte baixa da páxina, as preguntas. Premede nelas para poder contestalas.


0 comentarios:

Publicar un comentario