Boas
. Xa que estamos estudando a poboación de
Galicia, imos ver se sodes quen de responder a unhas cantas preguntiñas sobre o
noso concello...
1.- Cantos habitantes ten o concello de Vigo? Cantos homes e
cantas mulleres ten?
2.- Cantos nacementos se produciron no ano 2018? E cantas
mortes? Como foi o crecemento natural? Negativo ou positivo?
3.- Como é a poboación do concello de Vigo no ano 2018? Moza
ou vella?
4.- Unha curiosidade... No teu concello, canta xente se
chama igual ca ti?
Atoparedes a información que precisades na páxina do
Instituto Galego de Estatística.
Velaquí o camiño a seguir:
Páxina do Instituto Galego de Estatística => Portal
Educativo (á dereita da páxina) => O teu entorno (arriba á esquerda da
páxina).