A TERRA
Bo día, rapaces.Velaquí tedes un vídeo que vai axudarvos a entender mellor cales son as partes da Terra.
Sabiades que a atmosfera ten varias capas? Visionade con atención o seguinte vídeo para poder facer a actividade que vos propoño a continuación.
Está moi ben explicado, verdade?
Ben, vamos entón debuxar un pouquiño. A actividade consiste no seguinte:
1.º Collede un folio.
2.º Debuxade e escribide:
- o nome das diferentes capas da atmosfera (non esquezades que tedes que facelo en galego).
- os quilómetros que ten cada capa, é dicir, ata onde chega.
3.º Representade cun debuxo o que se produce ou ten lugar en cada capa.
4.º Dádelle cor e decorade como máis vos guste.
O martes dígovos cando tedes que entregar o debuxo da atmosfera.
O martes dígovos cando tedes que entregar o debuxo da atmosfera.
A LÚA
Esta belísima dama que vedes é a Lúa. Bela e un pouquiño misteriosa, verdade?
Xa sabedes que é o único satélite da Terra, que non ten atmosfera nin hidrosfera e que a súa superficie está chea de cráteres causados polo impacto dos meteoritos.
Hai uns cantos anos que o home foi quen de chegar ata ela e mesmo de camiñar pola súa superficie. Recordades o ano no que tal fazaña tivo lugar? Quen foi o afortunado que a pisou por primeira vez? E sabedes o que dixo? Que credes que significaba aquela frase?
Repasemos o que xa sabemos:
Por que se orixinan as mareas? Que son a preamar e a baixamar?
Para rematar velaquí tedes unha pequena explicación do que son os eclipses e por que se producen.
6 comentarios:
Me encantan los vídeos las fotos ...
En resumen esta todo genial
Ola, Adrián F. Graciñas. Espero que fosen de axuda. ;)
Si bastante
Alégrome moito. :)
HOLA Amaya soy David no es por ser copiota
pero me encanta el blog es la forma mas fácil de estudiar y el video nuevo es super chulo me alegro de que hallas echo el blog
Ola, David. Graciñas. :)
Encántame saber que resulta útil. :)
Publicar un comentario