Boas a todos

.
Tal e como acordamos, á volta do Nadal estivemos a traballar en grupo sobre a visita ó xacemento atopado na rúa Rosalía de Castro que nos permite entender como funcionaba unha instalación salazonera salineira e como os romanos obtiñan o sal hai máis de 2000 anos.
As exposicións que fixestes na clase gustáronme moito; todos coincidistes en atopar a visita ó xacemento das salinas moi interesante e dou fe da cantidade de cousas que aprendestes.

Bravo tamén polo voso comportamento durante a saída, estivestes moi atentos e participativos, formulastes preguntas oportunas que evidenciaban o voso interese. Estou moi orgullosa.

Velaquí algunhas fotos do día das exposicións orais.

 |
Grupo 1 |
 |
Reprodución das distintas fases para obter o sal. Grupo 1 |
 |
Grupo 2 |
 |
Grupo 3 |
 |
Grupo 4 |
 |
Grupo 5 |
 |
Grupo 6 |