Por motivos meteorolóxicos tivemos que pospor a saída prevista para visitar os castros da nosa cidade. Queda pendente para cando o tempo sexa máis propicio.

O xoves 19 de cembro faremos unha saída moooooi interesante que nos permitirá descubrir un pouco máis da historia da nosa cidade grazas a un xacemento na rúa Rosalía de Castro.
Á volta das vacacións de Nadal faredes un traballo en grupo no que teredes que dar resposta, entre outras, a estas preguntas:
1.- Cando foi descuberto este xacemento e que aprendemos grazas a el?
2.- Cal era o preocedemento que seguían os romanos para obter o sal?
3.- Durante que séculos foron esplotadas estas salinas?
4.- Que usos daban os romanos ó sal?
5.- Que utensilios e obxectos eran utilizados para almacenar e transportar o sal?
6.- Que utilizaban os romanos para iluminar as casas?
7.- En que partes estaba dividida a Gallaecia naquela época?