Graciñas, Aarón!
lunes, 30 de septiembre de 2019
domingo, 29 de septiembre de 2019
A TERRA E A LÚA
A TERRA
Bo día, rapaces.Velaquí tedes un vídeo que vai axudarvos a entender mellor cales son as partes da Terra.
Sabiades que a atmosfera ten varias capas? Visionade con atención o seguinte vídeo para poder facer a actividade que vos propoño a continuación.
Está moi ben explicado, verdade?
Ben, vamos entón debuxar un pouquiño. A actividade consiste no seguinte:
1.º Collede un folio.
2.º Debuxade e escribide:
- o nome das diferentes capas da atmosfera (non esquezades que tedes que facelo en galego).
- os quilómetros que ten cada capa, é dicir, ata onde chega.
3.º Representade cun debuxo o que se produce ou ten lugar en cada capa.
4.º Dádelle cor e decorade como máis vos guste.
O martes dígovos cando tedes que entregar o debuxo da atmosfera.
O martes dígovos cando tedes que entregar o debuxo da atmosfera.
A LÚA
Esta belísima dama que vedes é a Lúa. Bela e un pouquiño misteriosa, verdade?
Xa sabedes que é o único satélite da Terra, que non ten atmosfera nin hidrosfera e que a súa superficie está chea de cráteres causados polo impacto dos meteoritos.
Hai uns cantos anos que o home foi quen de chegar ata ela e mesmo de camiñar pola súa superficie. Recordades o ano no que tal fazaña tivo lugar? Quen foi o afortunado que a pisou por primeira vez? E sabedes o que dixo? Que credes que significaba aquela frase?
Repasemos o que xa sabemos:
Por que se orixinan as mareas? Que son a preamar e a baixamar?
Para rematar velaquí tedes unha pequena explicación do que son os eclipses e por que se producen.
Etiquetas:
A Terra e a Lúa,
Sociais 5.º
sábado, 28 de septiembre de 2019
STEVEN UNIVERSE EN GALEGO
Ola, rapaces!
Mirade que cousiña máis bonitiña vos traio!
. Coñecedes estes debuxos animados?
Todos a cantar!
Non vos oio! 
Espero que vos guste.
Desfrutade do sábado.

Todos a cantar!
Espero que vos guste.

Desfrutade do sábado.
Etiquetas:
Lingua 5.º,
Lingua 6.º,
Vitaminándonos...
VIÑETA ENVIADA POR HUGO F.
jueves, 26 de septiembre de 2019
VÍDEOS ENVIADOS POR ALUMNOS
Ola a todos.
Déixovos uns vídeos moi, moi interesantes
enviados por varios alumnos do ano pasado. Ides mesmo descubrir cal é a orixe do nome dos días da
semana. 



Para ver o vídeo sobre as CURIOSIDADES DA LÚA premede aquí.
Etiquetas:
Sociais 5.º
DIPTONGOS E HIATOS
Antes de nada recordamos que podemos clasificar las vocales en:
- abiertas (o fuertes), que requieren una mayor apertura de la boca para pronunciarlas y,
- cerradas (o débiles), que requieren una menor apertura de la boca para pronunciarlas.
![]() |
Imagen: http://divierteteleyendoconpiedad.blogspot.com/2017/06/los-senores-diptongo-triptongo-e-hiato.html |
Según se combinen las vocales en las sílabas y dónde esté la vocal tónica se puede producir un dipotongo o un hiato. Veamos el siguiente cuadro:
![]() |
Imagen: https://elultimosalto.jimdo.com/2016/12/08/diptongo-triptongo-hiato/ |
![]() |
Clica en la imagen |
![]() |
Clica en la imagen |
![]() |
Clica en la imagen |
Etiquetas:
Diptongos e hiatos,
Lengua 5.º
O UNIVERSO
Conteivos xa a primeira vez que vin a Lúa co meu telescopio dende o balcón da miña casa? Foi unha experiencia inesquecíbel!

Velaquí tedes unhas ligazóns moi interesantes e divertidas coas que poderedes repasar un pouquiño, descubrir moitas cousas que non sabiades e... xogar demostrando todo o que xa sabedes. A desfrutar!
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
A ver quen sabe dicirme cal foi o primeiro pobo que utilizou o calendario e que descubriu que o ano tiña 365 días? 3, 2, 1... tempo!
Etiquetas:
O Universo,
Sociais 5.º
martes, 24 de septiembre de 2019
OS SUBSTANTIVOS (Lingua 6.º - Repaso)
Ola a todos
. O ano pasado estudamos a fondo os substantivos. Tedes aquí un pequeno cadro para repasar.
![]() |
Imaxe: http://cotovia.org/proxecto/mor/mor_sub_01.html?orix=mor&tema=mor_sub_01.html |
Para practicar é por aquí
. Que tal foi? Espero que obtiverades as máximas puntuacións!
(Nos dous primeiros exercicios desa ligazón podedes facer tamén exercicios das palabras primitivas e derivadas).

(Nos dous primeiros exercicios desa ligazón podedes facer tamén exercicios das palabras primitivas e derivadas).
Etiquetas:
Lingua 6.º,
Os substantivos
O ALALÁ (Lingua 6.º)
Ola, rapaces
. Estes días estamos a descubrir un dos cantos máis antigos do noso folclore, os alalás.
Teño unha casiña branca
na mariña entre loureiros,
teño amores, teño barcas
e estou vivindo no ceo.
Aialalelo, ailalalo...
E adiós á miña casiña
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro.
Aialalelo, ailalalo...
E así eu sigo cantando
o alalá da miña ialma.
na mariña entre loureiros,
teño amores, teño barcas
e estou vivindo no ceo.
Aialalelo, ailalalo...
E adiós á miña casiña
portelo do meu quinteiro,
auga da miña fontiña,
sombra do meu laranxeiro.
Aialalelo, ailalalo...
E así eu sigo cantando
o alalá da miña ialma.
lunes, 23 de septiembre de 2019
LA COMUNICACIÓN
Hola, chicos
. Mirad, este es Marcos. Marcos adora a su abuela. La llama todas las tardes para contarle qué tal le ha ido el día en el colegio.
En este acto de comunicación entre Marcos y su abuela:
¿quién es el emisor? (Es decir, ¿quién emite —dice— el mensaje?)
¿Quién es el receptor? (Es decir, ¿quién recibe el mensaje?)
¿Cuál es el mensaje?
¿Habéis sido capaces de responder a las preguntas? Veamos un vídeo para aclarar conceptos.
A ver quién se atreve ahora con las... ¡SUPERPREGUNTAS!
Fijaos en esta otra imagen:
¿Créeis que hay comunicación entre estos niños? ¿Por qué?
¿Pensáis que una persona sorda puede comunicarse? ¿Cómo? ¿Qué requisito sería necesario para que esa comunicación pudiese tener lugar?
Y este policía, ¿se está comunicando?
Quizás este esquema os ayude a responder...
Fuente: https://www.unprofesor.com/lengua-espanola/que-es-el-lenguaje-verbal-y-no-verbal-con-ejemplos-2779.html
Etiquetas:
Elementos de la comunicación,
Lengua 5.º
Suscribirse a:
Entradas (Atom)